Renovado parte do mobiliario do centro de día para persoas maiores en Outes

11 Xuño 2025

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe o centro de día de Outes, pertencente á rede pública autonómica, para coñecer de primeira man as melloras realizadas recentemente nas instalacións. Estivo acompañado polo alcalde do municipio, Francisco Calo.

O pasado ano acometeuse a renovación parcial do mobiliario do centro, cun investimento de 15.000 euros destinado á adquisición de cadeiras para o comedor, butacas para o descanso das persoas usuarias e equipos de televisión. Esta actuación forma parte das accións periódicas de mellora que o Consorcio desenvolve nos seus centros ao longo do territorio galego.

O centro de día de Outes, con capacidade para 30 prazas, presta un servizo de atención diúrna de carácter comarcal, dirixido a persoas maiores do propio concello e doutros limítrofes. Actualmente, atende a 24 usuarios procedentes de Outes, Noia, Mazaricos e Negreira.

Durante a visita, Perfecto Rodríguez destacou a importancia da colaboración institucional para mellorar os equipamentos sociais e puxo en valor a boa relación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Outes. Así mesmo, expresou a disposición do Goberno galego a colaborar na valorización das dúas plantas actualmente sen uso do edificio que alberga o centro de día, unha iniciativa impulsada polo alcalde, quen pretende destinalas a actividades de carácter social.

Esta actuación exemplifica o compromiso das administracións coa mellora da calidade de vida das persoas maiores e co aproveitamento eficiente dos recursos públicos ao servizo da comunidade.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.