Portos somete a información pública a concesión para o porto deportivo de rianxo

25 Xuño 2025

Portos de Galicia anunciou o inicio do trámite de información pública da solicitude de concesión por parte do Club Náutico de Rianxo a Portos de Galicia para a construción e explotación dunhas instalacións náutico deportivas. A tramitación pública por parte do ente público deriva da solicitude presentada polo Club Náutico no mes de abril e publicouse onte no Diario Oficial de Galicia.

Durante o trámite de información pública todas as persoas e entidades interesadas poderán consultar a proposta técnica, que xa superou o trámite de competencia de proxectos. Así mesmo poderán presentar as alegacións que consideren oportunas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo para a presentación de ditas alegacións é de 20 días hábiles a partir de hoxe e a documentación sobre o proxecto está a disposición das persoas interesadas na páxina web de Portos de Galicia, no apartado Comunicacións e avisos.

As obras proxectadas consisten na substitución das actuais dúas liñas de peiraos flotantes por unhas novas que se pilotarán ao fondo. Deste xeito mellorarase a seguridade da instalación e a calidade dos atraques, ademais de liberar espazo na dársena que permita ampliar os peiraos flotantes para embarcacións mexilloeiras.

O proxecto presentado polo Club Náutico contempla a dotación de 174 novas prazas de amarre das que 134 construiranse na primeira fase e 40 máis na segunda. Todos os atraques disporán de subministro de auga e electricidade. Tamén se renovarán as edificacións en terra con novas edificacións para cafetería, oficinas, vestiarios e pañol para vela lixeira. En total construiranse 470 metros cadrados de novas instalacións.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.