O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns vai organizar este mes de xuño un curso gratuíto Fisioterapia Respiratoria Infantil. Esta actividade formativa desenvolverase o día 17 de xuño en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. O curso será impartido polas expertas Vanesa García Ageitos e Sonia Gallego Conde, fisioterapeutas da Área Sanitaria de Santiago e O Barbanza. A sesión levarase a cabo no Viveiro de Empresas de Porto do Son. Quen precise máis información e formalizar as inscricións ten até o 10 de xuño para facelo a través da conta de correo maria.santos.lemina@portodoson.gal. Máis datos na web municipal. É un curso gratuíto pero de prazas limitadas.




