Orixe Salgada, con sede en Boiro, seleccionada para a 8ª edición da aceleradora ViaGalicia

20 Xuño 2025

Nove proxectos de Vigo e a súa área, 3 de Pontevedra, 1 de Lugo, 1 de Ourense e outro de Boiro (a nova firma innovadora Orixe Salgada, centrada no aproveitamento das algas) son as 15 iniciativas empresariais que participarán a partir de setembro na oitava edición de ViaGalicia, a aceleradora da Zona Franca de Vigo e o IGAPE, que se consolidou como unha das máis destacadas de toda España.

A designación do comité técnico fíxose pública este xoves 19 de xuño tras o Demoday celebrado en Porto do Molle (Nigrán), o que 22 equipos presentaron publicamente as súas propostas das 108 iniciativas que se presentaron inicialmente ás diferentes fases de selección. Das finalmente elixidas destacan as iniciativas de innovación sostíbel, aplicacións móbiles e tecnoloxías para garantir a competitividade do sector alimentario.

Proxectos

Nesta 8ª edición os quince proxectos seleccionados son Dighy, aplicación que simula proxectos de H2 renovábel, captura de CO2 e combustíbeis sintéticos, Mvico Bike Experience, firma de turismo en bicicleta e Yurt Store, fabricantes de baúis de concursos de hípica con materiais de alta calidade, os tres proxectos de Vigo. Da área de influencia, Canumi Conservas para Mascotas, de Cangas; Ciclope Mencía, dedicados á camperización de furgonetas, de Baiona; inMotion, un sistema de medición e análise biomecánico preditivo para medicina física, de Nigrán, Vinak Products S.L., empresa do Porriño que deseña e fabrica accesorios de viño e enxoval de deseño, Skeirrum S. Coop. Galega Xuvenil, proposta de experiencias personalizadas de scape room, desde A Guarda e Gofish (Wairbot VX), que promove a rastrexabilidade do peixe en tempo real a través de Whatsapp, de Tui.

Hai outros tres proxectos de Pontevedra: Gastrovisual, plataforma que transforma a carta do restaurante en vídeos profesionais de cada prato, Knowmad Tribe, axencia de viaxes para nómades dixitais e traballadores en remoto, e Salmoira, que a través de I+D desenvolve produtos novos e sostíbeis a partir de peixe e marisco.

De Ourense procede Luxsit, proposta de espectáculos de luces con drons, e de Lugo, ProA2 Health, centrada nunha fórmula infantil desenvolvida a partir de leite A2, máis dixeríbel e menos alerxénica.

Completa a lista de seleccionados nesta 8ª edición de ViaGalicia, Orixe Salgada, de Boiro, coa utilización de algas de arribazón como fonte de materia prima para a creación de micronizados e nanopartículas.

O delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, felicitou ás 15 iniciativas empresariais que conseguiron entrar na aceleradora “e a todos os emprendedores e emprendedoras, ata 108 equipos, que pasaron estes meses por ViaGalicia para chegar ata aquí”. Todas elas, sinalou o delegado, “demostraron actitude, capacidade e moitísimo talento e todas nos animan a seguir sendo optimistas ante unha xeración que nos vai a dar moito alegrías”. Respecto a ViaGalicia, Regades destacou “os espectaculares datos destes anos nos que se analizaron máis de 1.500 iniciativas empresariais e que confirman á aceleradora como un exemplo de aposta polo emprendemento en todo o Estado”.

A directora xeral do IGAPE, Covadonga Toca, trasladou o parabén ás 15 iniciativas seleccionadas e destacou o talento, o compromiso e a capacidade de todos os equipos que participaron no proceso. Subliñou ademais “a aposta decidida da Xunta polo emprendemento innovador a través da rede de aceleradoras presente en todo o territorio, que opera grazas á colaboración entre institucións como o IGAPE e a Zona Franca”.

A partir de agora, estes proxectos, que representan a diferentes sectores produtivos, contarán con persoal de titoría para asesoralos durante estas semanas nos trámites que terán que realizar antes de iniciar a aceleración, como é a súa constitución como sociedades, e a posta a punto das súas propostas para iniciar en setembro, nos espazos de ViaGalicia en Porto do Molle, a súa aventura para transformarse en empresas viábeis.

Os datos das 7 edicións realizadas ata o de agora de ViaGalicia mostran, en palabras da Zona Franca, “a fortaleza e o éxito da aceleradora”. De feito, “axudouse na definición do modelo de negocio a máis de 200 proxectos cun resultado de 57 startups que superaron no último ano os 45 millóns de euros de facturación e pecharon roldas de financiamento por valor de 70 millóns de euros, creando máis de 500 empregos de alta cualificación”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...