O programa Aquí Galicia Fest gravarase en Noia este sábado pola mañá

06 Xuño 2025

Aquí Galicia Fest, o programa de Televisión de Galicia que visita cada semana unha localidade galega para crear unha gran festa, recalará esta fin de semana en Noia. Concretamente, farao o sábado 7 de xuño a partir das 11.30 horas na Alameda.

A cita incluirá unha sesión vermú e a gravación do programa da TVG. Estarán presentes as actrices galega Lucía Veiga e Isabel Blanco, co mago Dani Polo, As Liantas (Tamara Pérez e Belén Vara), Ebora, Aquí Galicia Banda, a Banda de Música de Noia, a Orquestra Magos, a agrupación folclórica Os Salgueiriños. Actuará de pregoeiro o contador e actor arousán Carlos Blanco.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.