O PP de Ribeira, crítico co Goberno local por “maquillar o atraso na praza dos Estudantes”

07 Xuño 2025

O Partido Popular de Ribeira emitiu un comunicado no que responde, di, ás recentes declaracións do alcalde, Luís Pérez Barral, nas que aseguraba que a remodelación da praza dos Estudantes estará rematada “ao longo do verán” e que a obra non está paralizada, senón que a empresa distribúe aos seus operarios “como considera oportuno”. No comunicado o PP lembra que a obra foi adxudicada en maio de 2024 cun prazo de execución de seis meses, “polo tanto debería estar finalizada no outono pasado, e non ao longo deste verán, como agora afirma o rexedor”. A realidade, sinalan, “é que nos últimos meses foron numerosos os días nos que non houbo actividade ningunha na obra, e esta mesma semana só había tres operarios traballando no lugar”. E engaden: “Non se pode aceptar que se tente maquillar este atraso evidente. A empresa adxudicataria está obrigada a cumprir os prazos do contrato e a presentar certificacións mensuais sobre o avance da obra, algo que a día de hoxe non se ten producido nin unha soa vez”.

A voceira popular, María Sampedro, sostén que “dende o PP de Ribeira consideramos que o argumento de que a empresa reparte os operarios entre distintas obras non xustifica en absoluto a inactividade prolongada na praza dos Estudantes”. Móstrase crítica tamén, co feito de que “o Goberno local non sancione con firmeza a outras empresas por incumprimentos contractuais e agora pretenda xustificar este caso con escusas pouco críbeis”.

Sosteñen ademais que “non existe ningún documento oficial que declare a paralización formal da obra nin consta tampouco o inicio de expediente de penalización contra a empresa adxudicataria, como sería procedente ante o evidente incumprimento dos prazos e obrigas do contrato” e pregúntanse “cal é a razón pola que o Goberno local non está a actuar neste caso con rigor e transparencia, como si proclama facer noutras ocasións”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...