O PP comprométese a dar impulso ao proxecto de residencia de maiores de Ribeira

26 Xuño 2025

O Parlamento galego, a iniciativa do BNG, acordou por unanimidade unha proposta para que a Xunta, da man do Concello, axilice a construción da residencia de maiores de Ribeira anunciada xa no 2021.

A iniciativa, que defendeu Rosana Pérez, insta á Xunta “a unha maior colaboración coa corporación local” e pide, expresamente, que “designe de maneira inmediata os técnicos de Política Social para manter unha liña de traballo áxil cos técnicos municipais de Urbanismo e responsábeis do Goberno municipal do Concello de Ribeira para analizar os criterios técnicos e legais que impedirían a construción da residencia pública no lugar proxectado, dado que non houbo cambios normativos na lexislación vixente e, de ser o caso, axilizar ao máximo a localización dunha nova parcela para a construción da nova residencia pública de maiores de Ribeira”.

A proposta saíu adiante despois de que a deputada nacionalista criticase “os atrancos a un proxecto que a conselleira de Política Social, a ribeirense Fabiola García, retomou como a súa gran promesa electoral na campaña das municipais de 2023”.

Na iniciativa aprobada, que reproduce a aprobada tamén por unanimidade no pleno de Ribeira, o Parlamento insta á Xunta a comunicar pola vía regulamentaria oficial ao Goberno municipal a nova dada aos medios de comunicación do desistimento da construción da residencia de maiores na parcela cedida polo Concello no lugar das Saíñas.

Así mesmo, requírese ao servizo de Urbanismo do Concello un informe (xa feito) no que se detalle “a situación legal na que se atopa actualmente o proxecto da residencia de maiores prevista, a normativa aplicábel a situación legal na que se atopa actualmente o proxecto da residencia prevista, a normativa aplicábel ao mesmo e se é viábel a construción segundo a normativa vixente na parcela posta a disposición polo Concello de Ribeira no lugar das Saíñas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.