O Pazo (Rianxo) celebra esta “finde” as súas Festas na Honra do Santo Antón

02 Xuño 2025

O núcleo do Pazo, en Rianxo, vai celebrar esta vindeira fin de semana as súas Festas na Honra do Santo Antón. Haberá tres xornadas de festa: dende o venres 6 de xuño até o domingo 8.

A axenda inclúe oficios relixiosos, música e baile tradicional da nosa terra, verbenas e actividades para a rapazada.

O programa comezará o venres 6 de xuño ao mediodía co estoupido das bombas de palenque que anuncian o comezo das festas. Pola noite, haberá verbena no Camiño con Marbella (que actuará de xeito continuado até as 2.00 horas da madrugada) e cos DJ Chocolate e Tito Maverick,

O sábado 7 de xuño comezará coas bombas de palenque e coas dianas e alboradas do grupo de gaitas Buxaina. Polo serán haberá ruada coa charanga Furruxa e pola noite verbena con The Cuncas e Magos.

O domingo tamén abrirá coa alborada de Buxaina e ás 12.30 horas está previsto o paseo do Santo Antón, acompañado pola banda de gaitas. Ás 13.00 celebrarase unha misa campestre cantada pola Coral Abraira.

Pola tarde haberá festa para a rapazada con Pazolandia, nas leiras do Pereiro, onde haberá inchábeis acuáticos con piscina para todas idades. Polo serán, ás 20.00 horas, celebrarase a Festa da Escuma.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.