O Concello de Boiro saca a licitación as atraccións e postos para as Festas do Verán 2025

10 Xuño 2025

O Concello de Boiro saca a licitación as autorizacións para instalación das atraccións e postos feirais que se instalan con motivo das Festas do Verán 2025, que se celebran do 4 ao 9 de xullo. O prazo de presentación de ofertas está aberto entre o 10 e o 16 de xuño e deberase facer a solicitude mediante sobre pechado no Rexistro Xeral do Concello de Boiro.

As autorizacións que se adxudiquen serán para o período das Festas do Verán 2024, podendo iniciar a súa montaxe o 1 de xullo a partir das 16.00 horas e comezar a súa actividade o 4 de xullo de 2025 ás 18.00 horas ata a madrugada do día 9 ao 10 de xullo de 2025. A retirada producirase nos 2 días seguintes ao 9 de xullo, de tal xeito que ás 24.00 horas do 11 de xullo o dominio público quedará totalmente liberado.

A listaxe de postos e os tipos de licitación, así como toda a información sobre o proceso está dispoñíbel nos pregos que se atopan na páxina web do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.