O Coliseo Noela acolle este venres unha sesión solemne da Academia Xacobea na que tomarán posesión catro novos académicos

12 Xuño 2025

O Coliseo Noela acollerá este venres 13 de xuño, ás 19:00 horas, unha sesión solemne da Academia Xacobea na que ingresarán tres académicos de honra e unha académica correspondente.

Os honorarios son Luís Rodríguez Ennes, catedrático emérito de Dereito Romano e Sistemas Xurídicos Comparados na Facultade de Dereito de Ourense; Benedict Buono, profesor titular e director do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana na USC; e José Antonio Ballestero, maxistrado e vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial. A académica correspondente é a maxistrada canaria Reyes Martel Rodríguez, maxistrada do Xulgado de Menores nº 1 de As Palmas de Gran Canaria e fundadora do proxecto de integración social #UP2U Project “Depende de ti”, que cada ano peregrina con mocidade a Compostela.

Tras a toma de posesión proxectarase O Camiño Esquecido, un documental da Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros Noia que recolle as evidencias patrimoniais, históricas e documentais sobre a historia e o trazado desta ruta. Nuria de León, recoñecida arpista e cantante, porá o broche musical á xornada. Previamente, ás 17:00 horas, os académicos serán recibidos oficialmente no Concello de Noia e farán unha visita guiada á Igrexa de San Martín (18:30 horas).

E para o sábado 14 de xuño queda a xornada O Camiño de Santiago na Ría de Muros Noia, que se celebra a partir das 11:00 horas no salón do Antigo Casino de Noia. Esta xornada técnica comezará con catro relatorios: a arqueóloga Manuel Pérez Mato falará sobre a Igrexa de San Martín de Noia; o arqueólogo Mario César Vila presentará unha análise histórica e arqueolóxica do Camiño da Ría de Muros Noia; o escritor Antón Pombo disertará sobre a experiencia da peregrinación por este itinerario; e o director xerente da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, Sebastián Valverde, explicará por que Galicia precisa da declaración de novos Camiños de Santiago desde unha perspectiva de xestión pública e de turismo.

Ás 12:30 horas terá lugar unha mesa redonda sobre os retos e perspectivas do Camiño da Ría de Muros Noia con Santiago Freire, presidente da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia; Marcelino Agís, presidente da Academia Xacobea; e os mencionados Antón Pombo e Sebastián Valverde.

Outros artigos

Ribeira e Santiago encabezan a vaga de solidariedade co pobo de Ceuta

A praza do Obradoiro congregou a centos de persoas diante de Raxoi, mentres que a veciñanza ribeirense respondeu á chamada institucional fronte á casa consistorial. Os actos enmarcáronse na convocatoria estatal da FEMP ante a crise migratoria e social que atravesa a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.