O CCG aposta por Ribeira para reivindicar a cultura mariñeira

19 Xuño 2025

O Concello de Ribeira asinou este xoves 19 de xuño un protocolo de colaboración co Consello da Cultura (CCG) co obxectivo de “promover cultura de maneira conxunta”: actividades de primeiro nivel que terán a súa sede en Santa Uxía. O acto de sinatura protocolario foi realizado polo alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, que estiveron arroupados polo tenente de alcalde, Vicente Mariño, e por Marcelino Fernández, xerente do Consello da Cultura.

O rexedor agradeceu a boa disposición da presidenta do CCG, Rosario Álvarez, para que “Ribeira poda acoller actividades culturais de primeiro nivel“. Luís Pérez destacou que o Goberno local quere potenciar a lingua galega, a cultura, e tamén “facilitar xornadas formativas dirixidas a toda a veciñanza, con independencia da súa idade ou da súa formación académica”. Barral puxo en valor a oportunidade desta colaboración que redundará en máis actividades “que relancen esa cultura propia do noso país”. Por último falou do importante que é crear alianzas que permitan sumar sinerxías positivas “para que Ribeira poda despuntar no eido cultural e formativo”.

Pola súa banda, Rosario Álvarez, salientou que a cultura non só é cultura humanística senón que tamén cultura científica, cultura tecnolóxica, “polo tanto son moitos os paus que nós tocamos”. Álvarez apelou a que “a cultura é un dereito para todas as persoas, sen ningún tipo de factor de exclusión”.

Primeiras liñas de actuación: memoria e patrimonio marítimo

A presidenta dixo que Ribeira é un sitio idóneo para ser a capital da recuperación da cultura marítima de todo o patrimonio material e inmaterial de Galicia. “De feito, nós queremos comezar esta colaboración cunha xornada de cultura marítima o vindeiro 3 de xullo, dedicada aos oficios do mar poñendo o foco nos carpinteiros de ribeira e nas redeiras e redeiros”, sinalou.

A colaboración mutua terá unha programación conxunta de actividades culturais e faranse actividades de formación nas áreas de historia, lingua, literatura, ciencias sociais, etc. tamén haberá espazo para cursos, publicacións, conferencias, concertos e coloquios de interese mutuo, intercambio de publicacións, traballos de investigación, intercambio e colaboración de todo tipo de proxectos culturais de interese común, elaboración, edición e distribución de materiais didácticos, de divulgación, formativos e recuperación de fondos documentais.

Como remate, o alcalde convidou á presidenta a asinar no libro de ouro do Concello de Ribeira e agasallou dous libros; un da historia de Ribeira e outro sobre o fillo predilecto Manuel Ayaso.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.