O Campus do Emprendemento e o Saber de Noia vén cunha ducia de actividades de divulgación este verán

10 Xuño 2025

Noia vai acoller este verán unha nova edición do seu Campus do Emprendemento e do Saber, impulsado polo Concello e a fundación FUNDHSGA coa colaboración da Xunta e a Universidade de Santiago. Desenvolverase entre xuño e setembro e inclúe “un programa cheo de contidos actuais e de interese para todos públicos”, segundo avanza a organización.

Haberá, máis polo miúdo, xornadas sobre Intelixencia Artificial, saúde mental, educación emocional, adicións, mediación escolar, creación literaria ou deporte.

A inscrición é de balde e pode facerse de maneira independente para cada xornada. Podemos achegar os nosos datos persoais a info@fundehsga.com ou a través do número 981 576 666.

O programa dará comezo o 14 de xuño no Casino de Noia, ás 11.00 horas, con O Camiño de Santiago na ría de Muros e Noia. Proseguirá o 26 de xuño cunha xornada sobre Intelixencia Artificial, no Casino, a partir das 10.00 horas. A saúde mental e a física centrará as tres seguintes charlas: o 2 de xullo (ás 19h no Club de Pensionistas), o 7 de xullo (ás 19h no Club de Pensionistas) e o 12 de xullo (no Casino de Noia ás 10.00 horas). O 17 de xullo será a quenda dunha charla sobre educación emocional (ás 10h no Casino) e o 24 de xullo o programa seguirá cunha cita sobre violencia escolar (no Casino de Noia ás 10h).

O programa prosegue o 31 de xullo cunha xornada sobre adicións, no Casino ás 10h.

En setembro, o día 6, falarase de creación literaria no Casino de Noia ás 10h.

O 11 de setembro desenvolverase a charla Noia a horta da ría, na Confraría ás 10h.

O 18 de setembro conclúen as actividades con A Noia que queremos, no Casino ás 10h.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...