O BNG reclama un novo proxecto para o paseo marítimo de Noia, “máis sostíbel e para as persoas”

17 Xuño 2025

A deputada do BNG Rosana Pérez  criticou o proxecto actual de reforma da explanada de Labarta, en Noia, promovido por Portos de Galiza, que cualificouno de “parche aberrante que ignora as necesidades reais da veciñanza e que non é respectuosa coa contorna”. Tamén dixo que é un proxecto “falto de humanización”. Nun plano máis concreto, dixo que “a pavimentación masiva do proxecto contrasta coas demandas actuais da cidadanía, que aposta pola renaturalización de espazos e pola priorización da mobilidade peonil e dos usos sociais fronte á sobreocupación do espazo público polos vehículos”, sinalou.

Lembrou tamén que o proxecto, que supón un investimento de 121.000 euros en 2025 e unha previsión plurianual de máis de 700.000 euros, fora presentado en 2023 como unha actuación de “humanización e ordenación da fachada marítima”. Porén, segundo denuncia o BNG, o resultado final dista moito desa filosofía inicial: “Trátase, basicamente, dunha pavimentación en formigón armado de 6.300 metros cadrados nunha das zonas verdes máis importantes de Noia, orientada ao estacionamento de vehículos, eliminando practicamente toda a vexetación existente e sen ningún tipo de integración paisaxística”, advertiu Pérez, engadindo que estamos ante “un proxecto que non pensa nas persoas, senón nos coches. É un parche mal deseñado que non responde ás demandas da cidadanía nin á realidade climática e ambiental do século XXI”, afirmou.

Lembrou que “a versión inicial do proxecto aínda incluía algúns elementos vexetais para minimizar o impacto, mais finalmente Portos de Galiza cedeu ante a presión da alcaldía, ignorando unha maioría plenaria no Concello de Noia que aprobou o pasado 24 de abril unha proposta para redactar un novo proxecto integral e paisaxístico”. O BNG propón a mudanza do proxecto para que “teña unha verdadeira integración, contemple o futuro do paseo marítimo no seu conxunto e se abandone o formigón pulido, tal e como saíu adiante no pleno de Noia sen ningún voto en contra”.

Outros artigos

O Pleno de Noia reproba ao alcalde pola xestión da Praza de Abastos

O Pleno do Concello de Noia aprobou unha nova reprobación ao alcalde Santiago Freire. A moción, impulsada de forma conxunta pola oposición —PSdeG-Noia, Marea Cidadá de Noia, BNG e o concelleiro non adscrito—, contou incluso co apoio de NO.I.A (Noieses Independentes...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

Se contaran e anotaran os roubos sacrílegos perpetrados nos últimos séculos deberíanposuír unha extensa libreta de dimensións considerables, tan grandes como a listaxe dosnomes, dos topónimos e dos obxectos. E, quen rouba ou para quen rouba? Hai quen roubao perdón, o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.