O BNG reclama á Xunta que manteña o reforzo médico do PAC de Noia os domingos e festivos no seu horario íntegro

26 Xuño 2025

A deputada nacionalista Rosana Pérez reclamou á Xunta no Parlamento que “manteña no PAC de Noia o reforzo dun terceiro facultativo os domingos e festivos, en horario de 08 h a 22 h e non de 10 h a 15 h como estableceu a Consellería de Sanidade, e que dote a zona de cando menos unha nova ambulancia”. Tamén reclamou pór remate á “infradotación” e “precaria situación” na que se atopan a localidade e a comarca no ámbito sanitario. 

Pérez indicou na comisión parlamentaria de Sanidade que “no centro de saúde noiés funcionaba o PAC en horario de 15 h da tarde a 08 h da mañá os días laborábeis, mentres que os domingos e festivos desenvolvía a súa actividade as 24 horas, cun reforzo médico, é dicir, un terceiro facultativo, de 08 h da mañá a 22 h da noite”.

Lembrou que estamos a falar dun PAC que atende a poboación de tres concellos (Noia, Lousame e Outes) e parte da doutro, o de Porto do Son, e que tiña un servizo de urxencias os sábados, domingos e festivos, pero “que a Xunta eliminou durante a pandemia e nunca máis volveu abrir, de xeito que parte da cidadanía pasou a ser atendida en Noia e parte en Ribeira, lembrou”.

Pérez explicou que “a Consellería de Sanidade modificou en xaneiro deste ano o servizo e o cadro de persoal do PAC de Noia, é dicir, suprimiu persoal, porque a consellería nunca modifica para ben, eliminando o reforzo médico que existía os domingos e festivos de 08 a 22 h, que se veu a sumar á eliminación das urxencias en Porto do Son”.

“O resultado destes recortes é unha calidade asistencial cada vez máis deficiente en Noia e en toda a comarca”, denunciou, para criticar a continuación que, logo dun tempo nesta situación e dada a insistencia das e dos profesionais do centro, a Xunta “tivo a ben conceder de novo o reforzo médico para os domingos e os festivos no PAC de Noia, pero só de 10 h da mañá a 15 h da tarde”.

Unha decisión que evidencia, afondou, como “na tónica xeral de recortes, de improvisación continua e de falta absoluta de planificación, a consellería suprimiu un servizo necesario que se prestaba durante 14 horas os domingos e festivos e substituíno por outro que se presta durante cinco horas”.

“Nove horas menos de reforzo para a mesma poboación e con menos servizos servizos para o conxunto da comarca”, denunciou a deputada do BNG, quen advertiu da situación actual no Centro de Saúde de Noia polas tardes, “que conta con só dous facultativos, do que un está de baixa de longa duración, o que incrementa a asistencia ao PAC”.

“E ademais, non se cobren as baixas e a consellería obriga ao persoal a facer horas extras até facer incumprir os límites que marca a lei e até a extenuación dos facultativos que quedan, pero logo, como sempre fai o conselleiro, quéixanse de que non hai médicos”, criticou, engadindo que “o problema non é que non haxa médicos, o problema é que a Consellería de Sanidade bota aos médicos, os expulsa precisamente a base de mantelos nunhas condicións absolutamente insoportables”, sintetizou.

Na súa iniciativa, Pérez tamén reclamou a dotación da zona de cando menos unha nova ambulancia, xa que as que hai agora en Noia e a comarca son “absolutamente insuficientes”, máis tendo en conta que entramos no verán, “co considerábel incremento de poboación que supón a época estival nesta zona costeira”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.