O alumnado de TahumeX visita o obradoiro de Fran Millán, Frouma Atlantic Wood

15 Xuño 2025

O alumnado da especialidade de carpintería do Obradoiro de Emprego TahumeX, impulsado polos Concellos de Porto do Son e Ribeira, participou a semana pasada nunha visita inspiradora ás instalacións da carpintería Frouma Atlantic Wood, onde o emprendedor e artesán Fran Millán tivo a amabilidade de mostrar a súa forma de traballar, a maquinaria especializada que emprega e os produtos exclusivos que realizan con madeira de batea.

Frouma é un proxecto con sede en Ribeira para a creación de mobiliario artesanal con madeira de batea recuperada das rías galegas despois de máis de 20 anos no mar. Fran está considerado un dos grandes talentos da marca Artesanía de Galicia e de feito en 2023 recibiu o Premio Artesanía de Galicia 2023 pola súa proposta Norai.

Frouma é un proxecto no que se reivindican os oficios vinculados ao mar, a sustentabilidade e os produtos con identidade e alma galega. O seu traballo baséase nun modelo de produción sustentable no que recicla, reutiliza e repara materiais xa existentes como a madeira das bateas ou as redes de pesca.

Como lembraremos, Tahume é unha iniciativa dos Concellos de Porto do Son e Ribeira para impulsar o inserción laboral na contorna destes municipios do Barbanza. Inclúe nesta edición as especialidades de Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes e Traballos de Carpintería e Moble. Este obradoiro laboral é un programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade e empregabilidade das persoas que actualmente están paradas, e que está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, con dez alumnos de cada unha desas localidades. Ademais, como incentivo, a Xunta de Galicia realiza unha achega de 30.000 euros para fomentar a empresas que contraten a persoas formadas neste obradoiro.

Ademais da formación específica de carpintería e forestal, o alumnado recire formación en competencias dixitais, igualdade, medio ambiente, orientación laboral ou autoemprego, entre outras. Por outro lado, o alumnado participante que non estea en posesión da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) recibirá formación específica para a súa preparación e obtención.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.