O 6 de xullo o Liceo de Noia acolle a nova edición do Festival Benéfico de KitisKatis

28 Xuño 2025

O próximo domingo 6 de xullo ás 19:00h, o Liceo de Noia vai dar acollida á edición 2025 do Festival Benéfico de KitisKatis Dance Class, onde a rapazada participante convidará ao público a percorrer os cinco continentes a través da danza, nun espectáculo solidario que, segundo a organización, “promete emoción, cor e moito ritmo”. Desenvolverase, de feito, baixo o epígrafe Unha viaxe polo mundo.

A recadación irá destinada integramente á Obra Social Pediatría Coidamos dos Nenos, para seguir apoiando a súa importante labor educativa e lúdica cos nenos hospitalizados no CHUS (Complexo Hospitalario da Universidade de Santiago).

As entradas están á venda no Liceo de Noia.

Nas edicións anteriores KitisKatis foi quen de superar os 1.000 euros de recadación en cada convocatoria.

Colaboran o Liceo e o Concello de Noia, xunto con Radio Líder e, por suposto, a cidadanía solidaria de Noia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...