Novo éxito da AER coa VI Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico de Ribeira, que pechou as súas portas este domingo

22 Xuño 2025

Finalmente, a AER (Asociación de Empresarios de Ribeira) conseguiu un novo fito de participación, repercusión e vendas na sexta edición da súa Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico, celebrada esta fin de semana (dende o venres) na praza de España de Santa Uxía. Segundo fixo saber a patronal, o balance da feira resúmese en boa medida con dúas palabras: satisfacción plena. Así o certificou Juan Rey, directivo da patronal empresarial de Ribeira e xerente da firma local Autos Dunas, quen explicou aos medios que as vendas de automóbiles sustentábeis comezaron a formalizarse a pouco de abrirse as portas do evento.

Por volume de coches, xuntáronse na praza de España máis de 140 vehículos de trece marcas diferentes, incluída (a xeito de novidade) unha marca que segue a ser referente mundial no sector: Tesla.

Visita da conselleira

A feira recibiu na mañá do segundo día de actividades (o sábado) a visita da conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, quen, logo de ser recibida polo presidente da AER (Francisco Martínez Gude), fixo un repaso polas medidas postas en marcha polo Goberno galego para impulsar este tipo de mobilidade. Explicou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) do vindeiro 30 de xuño publicará a convocatoria das axudas do novo Plan MOVES III 2025, que subvenciona a compra de vehículos eléctricos e a instalación de infraestruturas de recarga. A maiores, concretou que este programa de axudas, financiado con cargo aos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), vai contar nesta convocatoria cun orzamento de 19,6 M€. Segundo dixo, en Galicia, as tres edicións que se levan convocado suman 54 M€ de orzamento e 13.743 solicitudes por importe de 73,8 M€.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.