Nace en Boiro un grupo de monologuistas para xente moza apadriñado por Luís Zahera

17 Xuño 2025

O Concello de Boiro impulsa un grupo de monologuistas, unha actividade destinada á mocidade e que conta co apadriñamento do actor Luis Zahera. A concelleira de Cultura, María Outeiral; a concelleira de Ensino, Carmen Silva; o propio Luis Zahera e a mestra de Filosofía do IES Praia Barraña, Lidia Queipo, presentaron este martes 17 de xuño a iniciativa.

“Dende o Concello de Boiro estamos moi contentos de que saia adiante esta iniciativa que naceu dunha olimpíada filosófica”, afirmou Carmen Silva, engadindo que ” a iniciativa naceu do alumnado do IES Praia Barraña que participou este ano na olimpíada de filosofía”.

“Este ano implementouse o monólogo e o alumnado do centro preparou uns moi elaborados nos que lograron quedar finalistas”, recoñeceu Lidia.

A raíz deses monólogos fíxose no local Leñaverde do Centro Social de Boiro unha actividade para que os rapaces realizaran os seus propios monólogos, unha iniciativa que tivo moi boa acollida e da que xurdiu a idea de ampliala e crear un grupo de xente moza.

“Dende o Concello de Boiro imos apoiar sempre iniciativas como esta pensadas polo mocidade e que creen espazos e alternativas para eles”, afirmou María Outeiral.

O grupo de monologuistas conta cun padriño de honra, o actor Luís Zahera gañador de dous premios Goya. “Os monólogos serven para alegrar os corazóns e eu quero agradecer á rapazada que se está a implicar neste novo proxecto e agardo que o desfruten”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...