Matrioshka Teatro e FalaRedes (Secretaría da Lingua) levan a Noia, este sábado, o espectáculo “Fala, Fala, Falangueira”

06 Xuño 2025

Este sábado 7 de xuño a compañía Matrioshka Teatro presentará en Noia o espectáculo Fala, Fala, Falangueira. Farao ao abeiro do programa FalaRedes da Secretaría Xeral da Lingua, en colaboración coa Concellería de Cultura de Noia que dirixe Pepe Pérez. A cita será a partir das 19.00 horas no Coliseo Noela. A entrada será de balde ata completar aforo.

O espectáculo está orientado a nenos e nenas a partir de 7 anos e as súas familias, preadolescentes e adolescentes.

En palabras de Matrioshka Teatro, estamos ante unha proposta escénica dirixida a nenos e nenas a partir dos seis anos e as súas familias que xira arredor da transmisión da lingua. Inspirada en poemas, cantares tradicionais, cartas, contos… a peza desenvólvese como unha sucesión de xogos. Cunha narrativa aventureira, divertida e máxica, combinada con elementos de teatro físico, cancións, narracións e factores sorpresa, así como co simbolismo da iluminación, transmitirase a mensaxe de que cómpre usar con orgullo a lingua galega.

Fala, fala, falangueira chegará esta primavera a oito concellos da Rede de Dinamización Lingüística, ademais de a Noia.

  • 03/05/2025. Lalín. 18:00 h. Auditorio Municipal
  • 10/05/2025. Viveiro. 18:00 h. Teatro Pastor Díaz
  • 18/05/2025. Allariz . 18:30 h. Casa da Cultura
  • 23/05/2025. Ribadumia . 19:00 h. Auditorio Municipal
  • 24/05/2025. Vilagarcía de Arousa . 19:00 h. Auditorio Municipal
  • 25/05/2025. Monforte de Lemos . 18:00 h. Edificio Multiúsos
  • 07/06/2025. Noia . 19:00 h. Teatro Coliseo Noela
  • 21/06/2025. Ortigueira . 18:00 h. Teatro da Beneficencia

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.