Lustres Lampón reivindicou en Ribeira a tradición local da navegación a vela

13 Xuño 2025

No marco dos actos do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (que se celebra do 17 ao 20 de xullo en Ribeira), desenvolveuse este xoves 12 de xuño no Auditorio de Ribeira unha charla sobre A vela: tradición, deporte e paixón, impartida polo veciño de Ribeira, Juan Lustres Lampón. A cita, que contou con gran presenza de público na sala polivalente do Auditorio Municipal, foi presentada por David Fernández, da Real e Ilustre Confraría da Dorna. Tamén asistiron os concelleiros Xabier Vidal, Francisco Suárez-Puerta e Fernando Abraldes.

Lustres mostrou aos asistentes os conceptos básicos e os mecanismos para navegar a vela, “ideal para as persoas que queiran iniciarse neste mundo”. Aparte de ilustrar sobre os conceptos básicos da navegación tradicional, Juan Lustres viaxou até os comezos da vela e a navegación de cabotaxe, contextualizando sobre as embarcacións propias da ría de Arousa.

A charla foi organizada pola Concellería de Cultura e a Real e Ilustre Confraría da Dorna.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.