Luns 23, forte suba da temperatura. Calor, nordés e inestabilidade pola tarde

22 Xuño 2025

Continuaremos este luns baixo a influencia das altas presións, cun fluxo persistente do nordés e presenza de aire frío en altura, o que favorecerá unha atmosfera inestable, especialmente durante a tarde.

Durante a mañá, agárdanse ceos con máis nubes no norte, particularmente na Mariña lucense, onde non se descartan orballos ocasionais. Co avance do día, formaranse nubes de evolución no interior, que poderían deixar chuvascos localmente treboentos, sobre todo en zonas de montaña.

As temperaturas seguirán en ascenso, sendo o incremento máis acusado nas máximas, especialmente nas provincias do sur. Na comarca rondarán os 35 graos

O vento soprará do nordés, con intervalos moderados no terzo norte, e poderá acadar rachas fortes na zona de Estaca de Bares.

Avisos por calor e temporal costeiro este luns en Galicia

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do nordés á noite, forza 4 a 5 á mañá, 3 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Forte marusía á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.