Gabriel Fernández e Javier Molina levan “Galego” ao Auditorio de Rianxo (este venres ás 21h)

02 Xuño 2025

Este venres 6 de xuño o Auditorio Municipal de Rianxo vai acoller ás 21.00 horas un espectáculo teatral declarado de interese cultural pola cidade de Bos Aires. Estamos a falar de Galego, unha peza teatral de Gabriel Fernández e Javier Molina.

Fillo e neto de galegos, Gabriel Fernández interpreta neste monólogo a un migrante galego na Arxentina xa moi maior, que desprega a súa memoria nun presente que o volve a interpelar: a súa relación distante co outro espazo —o da orixe— e a referencia do construído no país que o acolleu.

Un ancián, só, nun espazo que non lle pertence. Un falar galego cruzado polo acento arxentino. Unha vida enteira sobre os ombreiros e moito que dicir. Galego propón a viaxe dun home que deixou a súa terra en busca dun futuro mellor e que, sen apenas decatarse, foi tecendo un pasado cargado de silencios, afectos e ausencias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.