Estrella Galán e Verónica Barbero (Sumar) reúnense en Noia para abordar a grave situación do marisqueo na comarca

15 Xuño 2025

A eurodeputada de Sumar, Estrella Galán, e a portavoz do devandito grupo no Congreso, Verónica Barbero, mantiveron este xoves 12 de xuño unha xuntanza de traballo en Noia coa participación do concelleiro Manolo Seijas e diversas entidades sociais da comarca. O encontro serviu para analizar, nas súas palabras, “a preocupante situación do marisqueo nas rías galegas, especialmente na comarca do Barbanza, como consecuencia da merma da produción derivada da falta de saneamento e do impacto do cambio climático”.

Durante a reunión, púxose de manifesto “a necesidade urxente de que a Unión Europea coñeza e actúe fronte á crise que afecta a un sector esencial para a economía e o modo de vida das veciñas e veciños da zona”.

Estrella Galán comprometeuse a organizar unha xornada monográfica en Bruxelas sobre o marisqueo tradicional, co obxectivo de analizar alternativas e canles de apoio por parte das institucións europeas. Ademais, anunciou que promoverá unha reunión coa exvicepresidenta do Goberno e comisaria de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, para lograr a implicación da Comisión Europea nesta problemática.

Pola súa banda, Verónica Barbero anunciou que mediará co Ministerio da Seguridade Social para modificar os criterios actuais dos ceses de actividade no sector marisqueiro. Tamén trasladará a necesidade de incluír unha partida específica nos orzamentos do Estado destinada á rexeneración das rías galegas.

O concelleiro Manolo Seijas puxo enriba da mesa a situación crítica que vive o concello de Noia, incidindo na necesidade “dunha actuación inmediata por parte das administracións para evitar o colapso do sector”, unha liña de traballo que “comezaría polo saneamento e rexeneración dos espazos produtivos”.

Sumar reafirma así o seu compromiso co territorio e coas loitas do sector marisqueiro, facendo da defensa das rías galegas unha prioridade no seu traballo institucional tanto en Madrid como en Bruxelas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...