Este sábado 7 de xuño celébrase a terceira edición das Festas de Cimadevila (Boiro)

03 Xuño 2025

Boiro vai acoller este sábado 7 de xuño á terceira edición das Festas de Cimadevila.

As celebracións deste barrio da parroquia de Boiro comezarán ás 13.00 horas cunha sesión vermú, a cargo dos picadiscos Tito Maverick e Chocolate Disco Móbil. A previsión é que a sesión vermú se prolongue até as 15.00 horas.

De xeito paralelo desenvolveranse varias actividades para a rapazada, comezando ás 13.00 horas con inchábeis e proseguindo pola tarde, sobre as 17.00 horas, cunha festa da escuma. As actividades de lecer para a rapazada desenvolveranse entre as 13.00 e as 19.00 horas.

Ás 20.00 horas está programada unha actuación da agrupación de música tradicional galega Lumieira.

Máis tarde, a partir das 21.30 horas, haberá verbena con Trío Blanca Doble e os DJ Tito Maverick e Chocolate Disco Móbil.

A verbena e a sesión DJ prolongaranse até as 3.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A cultura de Estocolmo” – Lois Alcayde Dans

“A cultura de Estocolmo” – Lois Alcayde Dans

A miña quinta, os nados nos noventa, medramos nun ecosistema cultural estraño. A cultura galega do momento estouraba, como hoxe, de recoñecementos a nivel estatal. Eran tempos do novo e frustrado Estatut en Cataluña, e Madrid sempre fixo equilibrios e contrapesos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.