A pasada madrugada do sábado 31 de maio produciuse un pequeno incendio forestal preto do núcleo da Casilla (parroquia de Araño, Rianxo). O lume, segundo confirmou o alcale Julián Bustelo, afectou a unha zona próxima ao río Te, arrasando unhas 0,37 hectáreas de terreo. Finalmente, grazas ás condicións da zona (que facilitaron os traballos dirixidos a sufocar o lume) e á rápida intervención dos equipos de extinción a situación controlouse axiña, segundo confirmou o rexedor.






