Amicos e o equipo de voluntariado social de JEALSA devolven á ría de Arousa máis de 95 laminarias

27 Xuño 2025

Oito persoas do equipo de voluntariado social de JEALSA visitaron o pasado mércores, 25 de xuño, o Centro de Atención Integral de Amicos para mergullarse —literalmente— nun proxecto que está a cambiar o fondo do mar: a restauración dos bosques de kelp na ría de Arousa. A conserveira, a través do seu programa de sostibilidade We Sea, quixo coñecer de preto o labor pioneiro que desenvolve a entidade boirense xunto ás persoas con discapacidade intelectual que forman parte activa desta causa medioambiental.

Durante a visita, guiada por varios activistas ambientais de Amicos e o director xeral da entidade, Xoán España, os oito membros de JEALSA, entre eles Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais, percorreron as distintas fases do proceso de recuperación desta alga mariña esencial para o equilibrio ecolóxico das nosas rías.

No laboratorio, os axentes medioambientais especializados neste tema presentáronlles os gametofitos, a fase reprodutiva da alga, que se cultivan en tanques especiais ata estar listos para volver ao mar. Alí faláronlles de como é preciso recoller no mar as esporas de laminaria e coidalas ata que se converten nestes gametofitos que habitan en Amicos.

Despois de moitos coidados e unha intensa monitoraxe do seu proceso de medre, as algas aférranse ás pedras que as acompañarán no seu regreso ao mar. Pedras coas sementes de alga que os visitantes puideron recoller para o seu seguinte paso: o regreso ao océano.

A acción culminou no porto de Aguiño, onde embarcaron para reinserir un total de 95 laminarias en zonas do Parque Nacional das Illas Atlánticas, elixidas por ofrecer as mellores condicións para o seu crecemento.

Foi, en palabras de Amicos e JEALSA, “un xesto simbólico e real ao mesmo tempo, que contribúe a restaurar o equilibrio dos ecosistemas mariños galegos, tan ricos como fráxiles: unha xornada que conxugou diversión, boa compañía e moita aventura medioambiental”.

A restauración activa dos fondos mariños é unha das liñas estratéxicas de Amicos nos seus proxectos de concienciación e acción ambiental. Nos últimos meses, a entidade logrou devolver ao mar máis de 450 gorgonias, 765 laminarias e 1.000 unidades de zoostera mariña, coa colaboración de entidades como JEALSA e o compromiso dos seus activistas medioambientais.

Pola súa banda, We Sea é o programa de Responsabilidade Social Corporativa de JEALSA, que engloba todas as súas accións en materia de sostibilidade e reflicte o compromiso real da empresa co futuro do planeta. Estruturado en cinco eixos —pesca responsábel, calidade, enerxías renovábeis e medio ambiente, compromiso social e investimento en I+D+i—, We Sea representa unha folla de ruta decidida cara a unha economía circular máis xusta, eficiente e respectuosa co medio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.