A Xunta mellora as condicións laborais e retributivas do persoal adscrito ao Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

25 Xuño 2025

A Xunta anunciou unha mellora nas condicións laborais e retributivas do persoal adscrito ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia mediante a sinatura de dous acordos neste eido cos representantes das organizacións sindicais. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, firmaron cos sindicatos CIG, CCOO, CSIF e FeSP-UXT os documentos nos que se inclúen cambios nas condicións salariais e laborais destes profesionais entre os que están algúns recoñecementos adicionais por tarefas específicas que realizan nas illas. Estas modificacións, sinalou a Xunta, afectan a un total de 37 dos 49 profesionais adscritos ao Parque Nacional, que desenvolven o seu labor nos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

En concreto, o primeiro dos acordos ten como obxectivo “equiparar os niveis dos postos de funcionarios vencellados ao Parque Nacional cos análogos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático”. En total beneficia a 25 profesionais que exercen postos de mecánico naval, patrón de embarcación, capataz, guía-intérprete de patrimonio natural, mariñeiro-vixilante, oficial ou garda de recursos naturais.

Mentres, o segundo acordo afecta tamén a 25 empregados públicos -trece deles benefícianse dos dous- que desenvolven a súa actividade exclusivamente nalgún dos arquipélagos que compoñen o parque coa exixencia de durmir nas respectivas illas cando están de quenda. Estes profesionais -axentes, vixilantes, oficiais ou capataces- contan ademais cun período de actividade extraordinaria na tempada alta -tanto no verán como en Semana Santa- e o acordo inclúe compensacións tanto para o tempo de permanencia insular -outorgándolles dúas semanas de vacacións adicionais ao ano- como de carácter económico. A maiores, regúlanse outras condicións como a uniformidade ou a existencia de programas formativos específicos.

O fin último de ambos acordos é “recoñecer o labor duns profesionais que fan un traballo fundamental para velar pola protección e conservación do Parque Nacional así como para fomentar as boas prácticas entre os visitantes garantindo o coidado dos valores naturais, patrimoniais e culturais existentes nas illas”, sinalaron dende a Xunta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.