Mar financia novos equipamentos tecnolóxicos nas instalacións da Federación Galega de Confrarías

04 Xuño 2025

A Consellería do Mar colabora coa Federación Galega de Confrarías de Pescadores para “financiar investimentos para a mellora da competitividade, do fomento e da promoción dos pósitos galegos”. O acordo para a consecución deses obxectivos foi asinado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o presidente da Federación Galega de Confrarías, o ribeirense José Antonio Pérez Sieira.

O conselleiro Adolfo Villares e o presidente da Federación de Confrarías, o ribeirense José Antonio Pérez Sieira

Villares puxo en valor o traballo que desenvolve esta entidade como interlocutor e representante dun sector estratéxico para a economía galega.

O conselleiro, acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, destacou que “o convenio permitirá mellorar os equipamentos cos que conta na actualidade a federación”.

Así, recolle a adquisición de equipos informáticos para mellorar as reunións en liña, tamén a optimización da instalación eléctrica da sede da entidade e novo mobiliario, máis ergonómico, repercutindo positivamente na seguridade laboral dos seus traballadores.

Por outra banda, tamén inclúe a dotación dunha pantalla táctil intelixente para a aula na que se realizan accións formativas dirixidas ao sector. Nesta liña, contén a realización de novas accións formativas e divulgativas destinadas ás confrarías e aos seus membros a través dun curso de informática de IntelixenciaAartificial. A finalidade e afondar nos coñecementos e posibilidades que ofrece esta tecnoloxía no ámbito da xestión dos pósitos galegos.

Alfonso Villares enmarcou este acordo “na estreita colaboración entre o Goberno galego e esta entidade sectorial” que, segundo lembrou, conta con preto de 13.000 afiliados, entre empresas e traballadores, aglutinando a todos os subsectores da pesca, destacando especialmente o marisqueo e a pesca de baixura e artesanal. O titular de Mar destacou que este diálogo e traballo conxunto entre a Administración e os profesionais é o piar no que se sustenta a xestión pesqueira na comunidade, e louvou o peso da pesca no ámbito económico e social, destacando o seu papel para garantir a soberanía alimentaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.