A Pobra iza a Bandeira Azul en Lombiña-Cabío

27 Xuño 2025

A concelleira de Turismo, Estefanía Ramos, e o concelleiro responsábel do servizo de socorrismo, Eloy Sobrido, procederon a izar na mañá deste venres 27 a Bandeira Azul na praia de Cabío-Lombiña. Trátase dun acto simbólico que, con todo, referenda a calidade “ambiental e dos servizos” do areal, tal e como explicaron ambos os edís.

A concelleira de Turismo incidiu en que o feito de contar con este distintivo, de relevancia a nivel internacional, “é froito do traballo de varios departamentos municipais e tamén da vontade política deste Goberno, que quere seguir mellorando os nosos areais, un dos principais atractivos do municipio”.

Pola súa parte, Sobrido explicou o funcionamento do servizo de socorrismo, dispoñíbel en Cabío desde o pasado 20 de xuño. Como comentou o edil, son cinco os profesionais que se encargarán destes labores ata o 15 de setembro, en horario de mañá e tarde. En todo caso, tal e como subliñou o concelleiro, “o resto de areais do municipio son seguros e dispoñen de dispositivos e elementos de seguridade”. Así, A Illa conta cun balizado de seguridade para os bañistas, un dispositivo que se pretende estender tamén na Corna.

Entre as prestacións dispoñíbeis en Cabío-Lombiña atópanse tamén o paseo marítimo, a zona de estacionamento, o parque infantil, os baños públicos, o restaurante e as empresas de actividades náuticas.

Ademais da Bandeira Azul, a de Cabío-Lombiña conta tamén co distintivo de calidade SICTED, un recoñecemento do que tamén poden presumir A Illa e Os Areos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.