A nova edición de Rianxo Gaming celébrase o 5 de xullo, cun relatorio de apertura sobre o mundo dixital en familia este mércores

23 Xuño 2025

O Campo de Arriba de Rianxo (Praza de Castelao) vai acoller este 5 de xullo a terceira edición do encontro Rianxo Gaming, a Feira de Videoxogos de Rianxo. Trátase dun evento anual adicado ao mundo gamer que pon o foco na súa vertente máis creativa, participa, cultural e, tamén, profesional e empresarial. Cun formato de feira, o evento inclúe unha variedade de actividades como charlas, obradoiros, competicións de eSports, retro-gaming, realidade virtual, tendas e música en directo.

Sinalar que a xeito de antesala do encontro e encadrándose no seu programa de actividades, o Concello de Rianxo vai organizar unha charla sobre O mundo dixital en familia, este mércores 25 de xuño no Auditorio Municipal. Nesta actividade, que será a primeira da xeira de xornadas formativas e de convivencia do programa Escolas de familias 2025, o Concello abordará as ferramentas para unha convivencia saudábeis coas novas tecnoloxías.

Volvendo ao miolo da feira Rianxo Gaming, o programa de actividades inclúe unha zona retro gaming, unha zona arcade, unha zona PC, unha zona de Realidade Virtual, unha zona de música e movemento, xogos de mesa e obradoiros de iniciación ao universo Pokémon TCG e One Piece TCG. Tamén haberá torneos (de Super Smash Bros Ultimate, de Pokémon TCG, de Mario Kart 8, de Brawl Stars, de EA Sports FC 25, etc), unha emisión en directo no programa Recuncho Gamer (ás 12.30 horas do 5 de xullo), unha mostra de freestyle cos Gallos del Norte e, a xeito de colofón, un concerto coa Banda de Música Vila de Cedeira (Are you ready to play?).

O evento está promovido polo Concello de Rianxo e a produción técnica é de Lúa Gaming, empresa galega de deportes en liña e eventos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.