A Deputación de Pontevedra convoca o I Premio Castelao de Textos Teatrais coincidindo co Ano Castelao

16 Xuño 2025

A Deputación de Pontevedra vén de convocar a primeira edición do Premio Castelao de Textos Teatrais da Deputación, unha iniciativa que coincide coa conmemoración do 75 aniversario do falecemento do escritor e dramaturgo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Trátase dun único premio, dotado de 12.000 euros, que tamén inclúe a adquisición dos dereitos de explotación da primeira edición da obra ata un máximo de 800 exemplares.

Poden presentarse a este galardón, que pon en marcha por vez primeira a Deputación de Pontevedra, aquelas persoas maiores de idade que presenten obras de teatro escritas en lingua galega de acordo coa normativa da Real Academia Galega, cunha extensión máxima de 200.000 caracteres (espazos incluídos). As obras non poden ter recibido ningún premio noutros certames, nin tampouco ter sido xa levadas á escena. E as propostas serán totalmente anónimas, baixo o sistema de plica. O prazo de presentación dos traballos pecharase o 31 de outubro de 2025.

A obra gañadora será publicada e seleccionada por un xurado integrado polo presidente da Deputación, o secretario da Deputación e cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito teatral e literario galego. O fallo do xurado realizarase o próximo 29 de xaneiro de 2026, data do aniversario de nacemento de Castelao.

O obxectivo do I Premio Castelao de Textos Teatrais da Deputación de Pontevedra é fomentar, apoiar e mellorar a calidade e a creatividade das escritoras e escritores, ademais de promover o talento e o potencial literario da provincia. O premio tamén busca incentivar e lembrar a creación dramática en lingua galega e figura do dramaturgo rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e incidir de forma directa na participación e na promoción da lingua galega.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.