A ABE organiza un novo almorzo formativo para impulsar a dixitalización dos negocios

02 Xuño 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) celebrará o vindeiro xoves 5 de xuño, de 9:00 a 10:00 horas, un novo almorzo formativo baixo o título O pequeno debe soñar sempre en grande. Compite na era da transformación dixital cunha estratexia sólida para o teu modelo de negocio. A cita será na sede da entidade boirense, no número 85 da avenida da Constitución, e está dirixida a persoas empresarias, autónomas e profesionais que queiran mellorar a súa competitividade na contorna dixital.

A formación estará a cargo de Cristian Guito, especialista en estratexia dixital para pequenos negocios, que abordará os principais piares dunha presenza online efectiva: coñecemento do modelo de negocio e do cliente ideal, construción dunha identidade dixital profesional, aplicación de técnicas para destacar fronte á competencia e ferramentas para medir resultados e mellorar continuamente.

Esta nova sesión enmárcase dentro do ciclo de almorzos formativos da ABE, que combinan contido práctico, espazo de networking e un formato ameno adaptado ao ritmo das pequenas empresas. Ao remate da formación, as persoas asistentes poderán compartir un almorzo e intercambiar experiencias co resto de participantes.

As prazas son limitadas e é preciso inscribirse previamente a través da web da ABE.

Contidos da xornada

Introdución: a oportunidade das pequenas empresas na era dixital.

Por que o posicionamento online é crucial para os pequenos negocios.

Piares dunha estratexia dixital sólida: coñecer o teu modelo de negocio e o teu cliente ideal, construír unha presenza online profesional, estratexias clave para destacar e como medir e axustar a estratexia.

Como adaptar a estratexia ao teu modelo de negocio.

Como superar barreiras comúns e manter a motivación.

Quenda de preguntas e respostas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.