Venres 9, continúa a inestabilidade atmosférica con chuvascos e posibles treboadas

08 Maio 2025

A chegada de aire frío en altura manterá a inestabilidade atmosféricadurante a xornada deste xoves. Prevese unha situación de ceos con intervalos nubrados e a aparición de chuvascos localmente treboentos, especialmente a partir do mediodía, cando se intensificarán e afectarán a maior parte do territorio galego.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas tenderán a descender levemente, sobre todo nas comarcas do suroeste.

Os ventos soprarán do nordés. Serán en xeral frouxos no interior, con carácter moderado no litoral norte. No treito comprendido entre Estaca de Bares e Fisterra poderán rexistrarse refachos fortes.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá e variable á tarde e á noite, forza 1 a 3. Mar ovellado. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e 0.5 a 1.5 metros á tarde e á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.