Porto do Son clausura este sábado a edición 2024-2025 das súas Escolas Deportivas

29 Maio 2025

O Pavillón Deportivo de Santa Irene en Porto do Son vai dar acollida esta fin de semana ao acto oficial de clausura das Escolas Deportivas Municipais. A cita será este sábado 31 de maio a partir das 18.00 horas. En concreto, pecharase oficialmente o curso das escolas de taekwondo, bailoterapia, predeporte, acrobacias, baile moderno, zumba, boxeo e patinaxe.

Os cursos comezaron o pasado mes de setembro e leváronse a cabo en diferentes localidades do municipio.

Estas Escolas Deportivas teñen o obxectivo de achegar hábitos deportivos e saudábeis a toda a poboación abranguendo diferentes rangos de idade, desde sénior ata público infantil. En total, esta edición 2024-2025 das Escolas Deportivas municipais ofreceron á veciñanza unha ampla axenda de actividades tales como predeporte, taekwondo, bailoterapaia, acrobacias, baile moderno, mantemento de maiores, pilates, cross training, biking, total training, zumba, atletismo, boxeo, patinaxe, ioga e circuit training.

Desde o Goberno local celebran “a gran acollida que tivo esta edición das Escolas Deportivas Municipais entre a veciñanza” e destacan “a gran variedade desta programación que ten como principal obxectivo apostar polo deporte da nosa vila, favorecer a organización e conciliación das familias, así como as relacións sociais dos nosos maiores”.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.