Porto do Son clausura con éxito o Obradoiro de Memoria para maiores de 55 anos

30 Maio 2025

O concelleiro de Benestar Social, Pepe Lijó, xunto coa Concelleira de Persoal, Magdalena Pérez e a Psicóloga municipal, Cristina Fontaíña, celebraron esta semana a clausura das actividades da nova edición do Obradoiro de Memoria organizado polo Concello de Porto do Son. Os edís felicitaron ás veciñas e veciños participantes pola súa implicación no obradoiro e polos bos resultados acadados, e tamén deron os parabéns ao persoal encargado de impartir as actividades.

Os obradoiros foron impulsados pola Área de Benestar Social do Concello e ían orientados a persoas maiores de 55 anos dos diferentes núcleos do termo municipal. Incluíron actividades de traballo, participativas e creativas para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños das parroquias e para mitigar e combater o deterioro cognitivo asociado á idade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.