O Plan ÚNICO permitiu levar a Rede ultrarrápida a case un milleiro de empresas e fogares de Boiro

06 Maio 2025

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, avanzou en Boiro que o Goberno segue traballando para achegar a 5G a toda a poboación da provincia da Coruña, profundando no seu compromiso co medio rural mediante as distintas actuacións consideradas no Programa ÚNICO Banda Larga.

Este plan, dixo, beneficia á provincia desde o 2021 coas súas sucesivas edicións ata a do pasado 2024, do mesmo xeito que ás diferentes parroquias de Boiro. Faino, recordou, a través da empresa adxudicataria Rede Aberta, que conta co investimento do Ministerio para a Transición Dixital e da Función Pública.

A subdelegada, xunto ao alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o responsábel da empresa adxudicataria, Óscar Barreiro Casal, analizou polo miúdo o impacto deste plan para a cidadanía no concello do Barbanza.

María Rivas destacou que o Goberno, mediante axudas como esta, aposta por un rural vivo e con futuro, analizando as carencias do rural coruñés e resolvéndoas. “Buscamos que os pequenos concellos atraian poboación, e para chegar a esa meta traballamos con accións como esta, co foco posto en non deixar a ninguén atrás e avanzando cara unha sociedade máis xusta e adaptada ao progreso”, incidiu.

A subdelegada fixo fincapé no avance do Programa ÚNICO en Boiro, onde 914 familias e empresas xa contan con conexión da máis alta velocidade. “Trátase dun traballo minucioso, que agora lévase a cabo referencia catastral a referencia catastral, e que grazas a este esforzo e constancia vai traer grandes beneficios á cidadanía deste concello”, destacou María Rivas, quen analizou na reunión o grao de execución dos diferentes programas de extensión de banda larga.

A subdelegada aproveitou para lembrar á poboación que pode solicitar o seu acceso a Internet mediante os sistemas vía satélite, habilitados nas zonas onde non chega a conexión doutra maneira e que garanten unha conexión á rede fiábel e segura. “Este servizo, que forma parte de ÚNICO, garante a cohesión territorial a través dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno”, destacou María Rivas, que aproveitou para pór en valor o traballo de campo concello a concello, co que se detectan as carencias para garantir unha actuación precisa das diferentes administracións.

A través dunha actuación comezada no 2021, na provincia da Coruña ascenden a 71.300 as familias e empresas con acceso a Internet da máis alta velocidade no rural. Estas cifras son froito dun investimento de máis de 22,3 millóns de euros do Goberno a través do Plan de Recuperación, que se completan con outros 16 millóns que achegan as empresas instaladoras. En total, o Goberno leva destinados 134 millóns de euros á dixitalización galega, facéndoa progresar e eliminando as fendas tecnolóxicas no territorio.

O programa ÚNICO 5G Redes Activas é “unha iniciativa pioneira en Europa”, salientou Rivas, recordando que destina fondos do Plan de Recuperación para financiar equipamentos activos e a construción de torres que amplíen a despregadura da 5G con funcionalidade plena en municipios pequenos. O obxectivo é dotar de cobertura 5G a localidades nas que non existe cobertura móbil 4G de polo menos 50 Mbps en sentido descendente, e onde non está prevista que a haxa no próximos tres anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.