O IES da Pobra fortalece os lazos con Portugal cun novo intercambio Erasmus+

07 Maio 2025

O IES da Pobra do Caramiñal continúa reforzando os seus vínculos con Portugal cunha nova edición do proxecto Erasmus+. Esta semana están a gozar do municipio estudantes procedentes do Agrupamento de Escolas Dr. Ginestal Machado, de Santarém.

O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Ensino, María Amparo Cerecedo, recibiron no salón de plenos da Casa Consistorial ás 18 persoas involucradas na iniciativa: sete alumnos e alumnas portugueses e sete pobrenses e catro profesores, dous de cada país.

O rexedor fíxolle entrega dun pequeno obsequio con algúns elementos de interese turístico e animounos a “descubrir a beleza que caracteriza ao noso concello e gozar da nosa cultura, patrimonio e gastronomía”. Pola súa parte, a edil destacou que este tipo de experiencias “son moi enriquecedoras, tanto a nivel académico como persoal”.

Durante a súa estadía na Pobra o alumnado está a coñecer os diferentes recunchos característicos da vila. Ademais de visitar estes lugares, tamén participan en actividades educativas conxuntas co alumnado local, fomentando así a convivencia e o intercambio lingüístico.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.