O Congreso aproba a iniciativa do BNG para paralizar a instalación de eólica mariña até contar cos estudos pertinentes

27 Maio 2025

O Bloque Nacionalista Galego conseguiu sacar adiante na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación da Cámara Baixa unha iniciativa que insta o Goberno do Estado a “paralizar o desenvolvemento da eólica mariña na Galiza até que se dispoña dos informes científicos completos que avalíen con rigor os seus impactos”.

No concreto, o BNG consegue o apoio do Congreso instando o Goberno do Estado a aprazar o desenvolvemento do Real Decreto 962/2024, do 24 de setembro, que regula a produción de enerxía renovábel no mar, en relación á implantación de proxectos eólicos nas zonas ZAPER (Zonas de Alto Potencial para Enerxía Renovábel). A formación nacionalista galega propón que non se avance na súa execución até que o Instituto Español de Oceanografía (IEO) conclúa os estudos previstos nas medidas ER2 e ER3, incluídas nos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM).

O deputado nacionalista Néstor Rego defendeu na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación do Congreso esta iniciativa co obxectivo de defender o sector pesqueiro galego e os ecosistemas mariños. “O Goberno decide instalar 50% dos parques de eólica mariña na costa galega sen ter en conta a súa afectación no ambiente e a caladoiros importantes para a frota pesqueira galega”, dixo Rego, engadindo que o principio de precaución, recollido no Convenio OSPAR, ratificado polo Estado español, “obriga a suspender calquera actividade con potencial impacto negativo até contar con información suficiente”.

Do mesmo xeito, Rego lembrou que existe unha resolución do Parlamento Europeo onde se insiste na necesidade de que as zonas como os caladoiros históricos deben ficar libres de enerxías renovábeis.

Neste senso, advirtiu que “o Ministerio non está a respectar este principio de precaución e antepón os intereses do lobby eléctrico no canto de defender o sector pesqueiro galego”.

A proposta do BNG tamén lembra que a normativa vixente, como a Lei de protección do medio mariño ou o Real Decreto de ordenación do espazo marítimo, obriga a ter en conta o coñecemento científico máis actualizado, así como os impactos acumulativos das actividades humanas no mar, antes de adoptar decisións que poidan comprometer a sustentabilidade.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dolorosamente emocionante” – Manuel Domínguez

“Dolorosamente emocionante” – Manuel Domínguez

Digo "dolorosamente" por haber llegado a esta triste situación, y emocionante, al ver salir en mil ciudades de EE UU, gentes de toda condición, a la calle defendiendo sus derechos. A Abraham Lincoln se le atribuye la famosa frase: "Puedes engañar a todo el mundo algún...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.