O Concilia Verán de Padrón amplía a súa cobertura ata os 16 anos e suma unha nova quenda en agosto

23 Maio 2025

O Concello de Padrón, a través da Concellería de Servizos Sociais, activa unha nova edición do programa Concilia Verán, que este ano incorpora importantes novidades: por primeira vez ofrecerase unha quenda no mes de agosto e amplíase o límite de idade das persoas participantes ata os 16 anos. O obxectivo da iniciativa mantense fiel ao seu espírito, que segundo recalca o Concello, “consiste en facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante o período estival, ao tempo que se promove un espazo educativo e lúdico para a infancia e a adolescencia”.

O servizo desenvolverase nas instalacións do CEIP Flavia en horario de mañá, de 7:45 a 15:15 horas, durante tres quendas distribuídas en dúas quincenas en xullo e a primeira metade de agosto. En total, poranse a disposición das familias 125 prazas, cun prezo público de 60 euros por quenda.

As solicitudes poderán presentarse entre o 27 de maio e o 3 de xuño, ben a través do Rexistro de entrada do Concello ou da sede electrónica, empregando o modelo específico do programa Concilia Verán 2025. Os impresos poderán recollerse nas oficinas de Servizos Sociais, de luns a xoves de 9:00 a 14:00 horas, ou descargarse na ligazón habilitada.

Desde o Concello faise fincapé na importancia de entregar correctamente toda a documentación que xustifique a situación familiar. Só serán baremados os datos acreditados documentalmente, polo que a falta de xustificación implicará unha puntuación de cero na correspondente categoría. Entre outros aspectos, valorarase a composición familiar, a situación laboral das persoas proxenitoras, a renda e posíbeis circunstancias sociais específicas, como monoparentalidade, discapacidade, acollida ou violencia de xénero.

A renda per cápita da unidade familiar calcularase a partir dos datos da declaración do IRPF de 2023, e será un dos criterios determinantes no proceso de selección, xunto co resto das circunstancias debidamente acreditadas.

Esta nova edición dá continuidade á liña de reforzo do servizo iniciada no ano 2024, cando xa se incrementara tanto o número de prazas como o horario. Agora, con máis quendas e maior cobertura por idades, o Concilia Verán consolídase como unha ferramenta para dar resposta ás necesidades das familias padronesas durante as vacacións escolares.

As persoas interesadas poden obter máis información contactando co departamento de Servizos Sociais no número 981 817 025.

Outros artigos

17 de maio: “Os libros das nosa Letras”

«MORGANA EN ESMELLE» Begoña Caamaño. Editorial Galaxia. 19, 50 Ive incluído Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.