O BNG e A Marea esixen a Portos a retirada do asfaltado do Paseo Marítimo de Noia e a redacción “dun novo proxecto sostíbel e de calidade”

07 Maio 2025

O BNG e A Marea de Noia xuntaron forzas para impulsar a mellora do Paseo Marítimo. Indican as agrupacións que “despois de que o pleno do Concello aprobase na sesión celebrada o pasado 24 de abril unha proposta para rexeitar o actual proxecto de pavimentación en asfalto da explanada de Labarta e promover a redacción dun novo proxecto técnico que contemple unha transformación integral, sostíbel e de calidade do Paseo Marítimo, vimos de esixir a Portos de Galicia que cumpra co acordado pola Corporación”.

A iniciativa foi presentada conxuntamente polos voceiros do BNG, Ricardo Suárez, e da Marea de Noia, Manolo Seijas, e contou co apoio da maioría da Corporación, malia as reticencias expresadas polos grupos do PP e de NO.I.A., que se abstiveron.

A proposta destaca “a importancia estratéxica da explanada de Labarta como punto de conexión entre o núcleo urbano e o litoral”, e critica que “o actual proxecto centrado en usos viarios e de estacionamento supón unha perda de oportunidade para recuperar este espazo como lugar de encontro cidadán e pulmón verde da vila”.

Entre os puntos aprobados inclúese a redacción dun novo proxecto paisaxístico integral que aposte por conexións peonís coas zonas de Barro, Testal e o centro urbano; o uso de pavimentos permeábeis e materiais respectuosos co medio; a incorporación de vexetación nativa; así como a creación de novos usos sociais e de lecer.

Tamén se acordou estudar alternativas para o estacionamento noutras localizacións, como os arredores da Piscina Municipal, con integración paisaxística e ambiental.

O pleno acordou ademais acometer a peonalización do Paseo Antón Avilés de Taramancos, mantendo o acceso para servizos e mobilidade reducida, co obxectivo de reforzar a integración entre o paseo marítimo e a zona de Labarta. Segundo se acordou na sesión plenaria, a actuación realizarase este ano e con fondos do remanente ou do orzamento local. Por último, a proposta inclúe a apertura dun proceso participativo para que a veciñanza achegue ideas e propostas sobre o deseño e uso deste espazo estratéxico.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.