O BNG acusa a Xunta de Rueda de “inacción” na recuperación das rías

21 Maio 2025

A responsábel de Mar do BNG, Rosana Pérez, acusou a Xunta de Galiza de “inacción na recuperación das rías malia contar con datos e estudos sobre a súa degradación”. A deputada, mediante unha interpelación no pleno ao conselleiro do Mar, esixiu que o Goberno galego orzamente e execute “sen máis dilación” un plan plurianual de medidas que permita a recuperación e rexeneración das rías galegas e “artellar mecanismos de resposta ante o impacto do cambio climático no sector pesqueiro, marisqueiro e mexilloeiro de Galiza”.

A deputada nacionalista acusou ao Executivo galego de “incongruencia” despois de que “a directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR), Covadonga Salgado, recoñecese na súa comparecencia na Comisión de Pesca o pasado 1 de abril que a Xunta vén medindo as variábeis ambientais para un mellor coñecemento da franxa costeira desde hai máis de 30 anos”, sinalou, engadindo que “se é certo que a Xunta leva máis de 30 anos tomando datos ambientais e investigando por que non se está actuando? Por que non se coñecen os estudos e por que non se aplican para tomar decisións políticas eficaces?”.

Durante a súa intervención, Pérez acusou ao Goberno galego de “ocultar información e non utilizar os recursos científicos dispoñíbeis para reverter a perda de produtividade das rías, en especial a da ría de Arousa”. E engadiu: “Levamos anos pedindo estudos sobre o que está a acontecer nas nosas rías. Agora resulta que a ría de Arousa é a máis estudada do mundo… e ninguén no sector o sabía”.

“Non estamos dicindo que non haxa que seguir investigando”, aclarou, pero matizou que “xa que existen desde hai máis de 15 anos o Observatorio Costeiro, que mide a salinidade, temperatura ou PH da auga, dúas estacións de seguimento na Arousa e outra en Cortegada, na desembocadura do río Ulla, onde se  rexistran datos de temperatura e de salinidade desde o 2007, por que non están ao servizo da recuperación das rías e do potenciamento do sector?”, preguntou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.