Noia revive o seu pasado coa “XII edición da Semana da Historia”

02 Maio 2025

Baixo o título As portas do mar, Noia acolle esta fin de semana a duodécima edición da Semana da Historia, un ciclo que busca mergullar aos asistentes no pasado da vila como punto de entrada de peregrinos.

A programación arrinca o sábado coa presentación da guía As portas do mar de Xerardo Agrafoxo e Suso Xogaina no Coliseo Noela, seguida por unha actuación da escola de danza Oitos. Ao longo da semana, sucederanse conferencias sobre distintos aspectos históricos e culturais da ría de Muros-Noia.

O historiador Manuel Mariño del Río falará sobre os naufraxios ocorridos na zona de Testal e A Barquiña, mentres que Santiago Llovo abordará o impacto das fábricas de salgadura na ría.

A xornada do mércores ofrecerá unha paréntese musical con Esperanza Mara e As Lens, quen interpretará pezas inspiradas nos sons do mar. O xoves, Guadalupe Jiménez-Esquinas explorará a cultura do marisqueo, e o venres, o xeógrafo Pedro García Vidal analizará a evolución dos barrios mariñeiros de Noia e Muros.

O ciclo concluirá o sábado 10 cun roteiro guiado por Iria Caamaño, profesora da Facultade de Turismo da UDC, que incluirá unha actuación de Serafín Marcos.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.