Noia acolle en xullo a terceira edición do Congreso Internacional en Odontoloxía

10 Maio 2025

O vindeiro mes de xullo o concello de Noia acollerá, por terceiro ano consecutivo, o Congreso Internacional en Odontoloxía.

Os días 4 e 5 de xullo, máis de 200 profesionais chegados de Galicia, de toda España e mesmo doutros países, aprenderán e compartirán coñecementos con grandes referentes do sector.

Trátase, en palabras da organización, dun evento clave para seguir impulsando a excelencia clínica e a innovación na profesión.

Contarase coa presenza de relatores de renome internacional como o doutor Sidney Kina e o doutor. Lucio Kanashiro, ademais dunha conferencia inaugural sobre a integración da Intelixencia Artificial na odontoloxía, a cargo do doutor Luis Gayán de Ayala, da Clínica Universidade de Navarra.

O congreso terá lugar no Teatro Coliseo Noela, e incluirá tamén momentos sociais, como unha cea no Liceo e unha comida tradicional galega con espectáculo. Toda a información sobre o programa e a inscrición está dispoñíbel en www.endogal.es.

O evento vén da man do Consello Galego de Odontoloxía e o ICOEC e conta coa colaboración do Concello de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.