Gadis renova o seu convenio de colaboración con Amicos en materia social e ambiental

06 Maio 2025

A directora de Marketing e RSC (Responsabilidade Social Corporativa) de Gadis, Melisa Pagliaro, achegouse este martes, 6 de maio, á sede da Asociación Amicos en Boiro para asinar un novo convenio de colaboración entrambas entidades. No centro recibiuna Miguel Beiro, responsábel da área de Alianzas con Persoas e Empresas da asociación inclusiva do Barbanza, que aproveitou a visita para ensinarlle a recente ampliación do centro e as novidades producidas nos últimos meses.

Ao longo da mañá tamén se discutiron as accións que se desenvolverán nos próximos meses ao abeiro desta colaboración, nunha xuntanza á que tamén asistiu a coordinadora de RSC da empresa de distribución, Lucía Santos.

Mediante esta sinatura, Gadis comprométese un ano máis como socio principal do Calendario Solidario de Amicos 2026 e patrocinador do festival da inclusión Festiritititi 2025, todo un referente de inclusión escolar na comarca.

Outro dos principais piares deste compromiso é a continuidade do Bosque Gadis. Este consiste no cultivo de especies autóctonas na parcela emprazada no concello de Curtis, en cuxa plantación e mantemento interveñen persoas con discapacidade intelectual, o que supón un impulso laboral moi importante dirixido a incrementar as súas posibilidades de inserción nun mercado laboral con futuro, en especial a nivel autonómico.

A alianza entre Gadis e Amicos celebra así cinco anos, durante os que ambas entidades traballaron conxuntamente pola a mellora das condicións de vida das persoas con discapacidade. Neste senso, Melisa Pagliaro destacou que “para nós é un pracer estar aquí porque é un pracer apoiar a persoas que apoian a persoas. Estamos moi satisfeitos con este convenio porque xa nos sentimos parte da familia de Amicos, e cremos que será así durante moitos anos”.

Miguel Beiro, pola súa banda, salientou que “hoxe é un día moi importante para Amicos porque temos a sorte e a honra de recibir no noso centro a Melisa e Lucía en representación de Gadis para renovar o compromiso que temos ambas entidades. Para nós é fundamental contar con alianzas como esta de Gadis, que nos dota dunha estabilidade e que nos permite levar a cabo proxectos cada vez máis participativos, con máis alcance e máis impacto, movidos sempre pola ilusión. Estamos profundamente agradecidos pola súa confianza e porque queiran seguir mantendo esta alianza un ano máis”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.