En Noia, xa se poden facer as inscricións para o Concilia Verán

10 Maio 2025

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Noia organiza esta tempada estival a nova edición do programa municipal destinado a harmonizar, nos fogares, a vida laboral coas vacacións da rapazada. Trátase do Concilia Verán de Verán para nenas e nenos de 3 a 12 anos dende as 8:00 h ata as 15:00 h.

Realizaranse 6 quendas de xuño ata setembro cun custo de 30€ cada unha por nena/o.

A inscrición pode realizarse a través do Rexistro de entrada do Concello de Noia.

As inscricións estarán abertas ata o 26 de maio e as prazas son limitadas.

A listaxe coas crianzas admitidas e excluídas publicarase o vindeiro 4 de xuño.

Os prezos serán de 30 euros cada quenda e de 20 euros a sexta quenda, a de comezos de setembro.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.