Cruz Vermella celebra o vindeiro 25 de maio a súa III Andaina Solidaria Camiño do Ouro

16 Maio 2025

O Concello de Boiro colabora coa Cruz Vermella de Boiro na III Andaina Solidaria Camiño do Ouro, prevista para o vindeiro domingo 25 de maio. O alcalde, José Ramón Romero, participou este venres 16 de maio na presentación da proba xunto con Julio García e Natalia Romero da Cruz Vermella de Boiro.

A proba solidaria celebrarase o 25 de maio con saída ás 10.30 horas da praza de Galicia cun percorrido longo de 9 quilómetros que pasará polo Pazo de Goiáns, o esteiro do río Coroño, o paseo marítimo e o paseo do río Breiro. E tamén unha adaptación curta de 5 quilómetros.

O presidente de Cruz Vermella, Julio García, agradeceu a colaboración para levar a cabo esta andaina que “busca recadar fondos para os proxectos sociais que desenvolvemos dende a Cruz Vermella de Boiro á vez que facemos un percorrido por lugares emblemáticos de Boiro”.

O prezo das inscricións é de 10 euros e poden facerse en liña ou na oficina da Cruz Vermella no Centro Social. O alcalde, José Ramón Romero, animou á veciñanza a participar nesta “cita solidaria coa que podemos desfrutar na nosa paisaxe. A veciñanza de Boiro sempre amosa a súa solidariedade implicándose neste tipo de iniciativas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.