CONGALSA presenta as súas últimas innovacións na Seafood Expo Global, a feira de produtos do mar máis grande do mundo

06 Maio 2025

CONGALSA, empresa de referencia na elaboración de solucións de alimentación conxelada, con sede principal na Pobra do Caramiñal, estará presente na Seafood Expo Global, o evento comercial máis importante do mundo dedicado ao sector do mar, que se celebra ata o 8 de maio en Barcelona. A compañía acode a esta cita internacional para presentar as súas últimas novidades e reforzar a súa posición como un dos actores clave no mercado dos produtos do mar conxelados, cunha proposta baseada na calidade das materias primas, a innovación e a seguridade alimentaria.

A participación na Seafood Expo Global conta coa presenza de todo o equipo comercial e de compras neste evento clave para o sector, no que, segundo lembra CONGALSA, danse cita os principais actores internacionais da industria dos produtos do mar.

“Este é o maior escaparate do mundo para os produtos do mar e unha cita clave para mostrar ao mercado internacional quen somos e que facemos”, sinalou Julio Simarro, conselleiro delegado de CONGALSA, poñendo o foco na relevancia deste evento para as empresas do sector e salientando que “vimos co obxectivo de seguir consolidando a nosa posición como unha empresa de referencia que traballa no desenvolvemento de produtos que faciliten o día a día dos nosos clientes, sen renunciar ao sabor, a tradición e a excelencia nas materias primas”.

Apuntou Simarro que a presenza de CONGALSA nesta feira supón “unha oportunidade estratéxica” para o grupo, que volve poñer de manifesto a súa capacidade de adaptación ás tendencias do mercado e o seu compromiso co desenvolvemento de solucións aliñadas coas necesidades dos consumidores e do sector dos produtos conxelados.

Entre as novidades que a empresa presenta en Barcelona destacan algúns dos seus últimos lanzamentos, pensados para ofrecer novas alternativas dentro do catálogo de produtos do mar conxelados como son as anillas á andaluza, o frito mixto ou a espetada de lura patagónico e lagostino. Tamén haberá espazo para presentar innovadores produtos como pasteis de bacallau ou mini samosas de pito ao curry.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.