Concello de Rois e Xunta destinan preto de 325.000 euros á nova depuradora de Sorribas

20 Maio 2025

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, e a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, asinaron este martes 20 de maio o convenio de colaboración para a construción dunha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR), no núcleo de Sorribas, por preto de 325.000 euros, co obxectivo de mellorar o saneamento nesta localidade. Segundo o convenio, a Consellería de Medio Ambiente, a través de Augas de Galicia, aportará o 80% do orzamento necesario e o Concello, o 20% restante. Este proxecto será financiado ao abeiro do Fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER).

Durante o acto de sinatura, Ángeles Vázquez explicou que a previsión é que esta nova infraestrutura estea rematada no segundo semestre do vindeiro ano 2026 e que dea servizo a unha poboación de preto de medio cento de veciños. En concreto, construirase unha nova EDAR, que contará cos seguintes elementos: pretratamento, fosa séptica soterrada e humidal de fluxo subsuperficial. A maiores, tamén se acometerán as obras de dous colectores, e os seus respectivos pozos de rexistro.

Ramón Tojo salientou que esta obra representa “un avance significativo” no “compromiso co desenvolvemento sostíbel” do Goberno local de Rois para coidar o medio natural.

O alcalde resaltou a colaboración e o traballo conxunto que mantén o Concello de Rois coa Xunta de Galicia para “mellorar a calidade de vida da veciñanza”. Neste senso, lembrou que o pasado mes de decembro púñase en marcha a depuradora de Urdilde, e agora asínase o convenio para facer a de Sorribas. “Estas dúas actuacións supoñen máis dun millón de euros de investimento”, explicou Ramón Tojo, que agradeceu a implicación da conselleira Ángeles Vázquez.

No acto tamén estivo presente o director de Augas de Galicia, Roi Fernández Añón, e a directora territorial da consellería na Coruña, Pilar Arias Graña, así como membros do Goberno local e veciños de Sorribas.

Roi Fernández explicou que as obras executaranse en dúas anualidade, comezando neste o proceso de licitación e rematando os traballos en 2026. O Concello comprométese a aportar os terreos e as autorizacións necesarias para que Augas de Galicia redacte o proxecto e execute as obras, que teñen por obxectivo implantar un sistema de depuración adecuado en Sorribas. Os traballos obxecto deste convenio serán cofinanciados pola Unión Europea a través do FEADER, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC9).

Colaboración entre administracións

Ángeles Vázquez tamén puxo en valor a colaboración entre diferentes administracións, ao asegurar que aínda que a prestación dos servizos de saneamento é unha responsabilidade de competencia municipal, a Xunta leva anos prestando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos que o necesiten.

Nesa liña, Augas de Galicia conta este ano 2025 cun orzamento de 144 millóns de euros, un 5% máis que o exercicio anterior, para seguir optimizando o saneamento e o abastecemento coa mellora de infraestruturas, a formación e divulgación e a execución de políticas activas de resposta ao cambio climático.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...