Colexios da Baña, Bueu, Cospeito, Ferrol, Laza, Malpica, Vedra e Vilagarcía gañan os premios do VII Concurso de Podcasts-Radio na Biblio

05 Maio 2025

A Consellería de Educación vén de publicar os gañadores do VII Concurso de Podcasts-Radio na Biblio, que convoca o dito departamento da Xunta en colaboración coa Radio Galega. Oito centros educativos da Baña, Bueu, Cospeito, Ferrol, Laza, Malpica de Bergantiños, Vedra e Vilagarcía de Arousa álzanse cos galardóns deste certame, que nesta edición está dedicado ás cantareiras e á poesía popular oral, ás que se lle rende homenaxe co gallo do Día das Letras Galegas 2025.

Deste xeito, a través destes traballos homenaxéase a Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira Santos (Muxía), e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda e máis Manuela Lema Villar (as tres Pandeireteiras de Mens, en Malpica, falecidas hai máis dunha década), e rememórase á literatura de base popular, sempre unida á música como tesouro patrimonial colectivo.

Os centros participantes presentaron un podcast en lingua galega cunha duración de entre tres e cinco minutos, que podía ser unha entrevista, unha cuña publicitaria, un espazo de noticias, un faladoiro, un recital, un debate ou un programa monográfico, entre outros. O contido debía versar sobre aspectos bio-bibliográficos das mulleres homenaxeadas, a importancia e representación das cantigas populares, a relación entre a literatura e a música e a muller na literatura galega ou as mulleres nas Letras Galegas.

A continuación damos conta dos centros e traballos galardoados

Educación Infantil

Laza, CEIP O Castiñeiro, O noso son

1º e 2º de Ed. Primaria

Ferrol, CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, por Esas voces que resoan

Vedra, CEIP Ortigueira, por Eco do pasado

3º e 4º de Ed. Primaria

Bueu, CEIP Plurilingüe da Torre- Cela, Sabichón 2P2 e os misterios. O mundo das cantareiras

5º e 6º de Ed. Primaria

Malpica, CEIP Milladoiro, por A nosa herdanza

1º e 2º de ESO

Cospeito, CPI Plurilingüe Virxe do Monte, por Cultugal

3º e 4º de ESO

A Baña, CPI de San Vicente, por As Letras cantan, e A Baña tamén!

Outras ensinanzas

Vilagarcía de Arousa, CEE de Vilagarcía de Arousa, por Cantareiras: voces e tradición

Cada un deles recibe unha asignación de 1.250€ para melloras no laboratorio/emisora de radio ou para actividades relacionadas co funcionamento deste laboratorio de radio, sempre vinculado á biblioteca do centro. Os traballos premiados serán emitidos por Radio Galega e serán difundidos a través de Agalegaaudio.gal. Podían participar neste concurso os 220 centros públicos que forman parte do programa Radio na Biblio da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e FP, así como outros centros que traballan co laboratorio de radio como ferramenta pedagóxica.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.