Barbantia celebra as Letras Galegas con homenaxes ás cantareiras en Cabo, Noia e no Pazo de Goiáns (a Romaría das Letras)

09 Maio 2025

A Asociación Cultural Barbantia vai celebrar as Letras Galegas cun completo programa de actividades que arrincan este 10 de maio. Farano en Cabo de Cruz, en colaboración coa Asociación Cultural A Gamela e o Concello de Boiro, que organizan unha homenaxe ás mulleres que reivindicaron a rica tradición oral e musical popular galega: a actuación de Cantareiras de Cabo (Memoria, lingua e tradición). Será este sábado ás 19.30 horas.

O día 16 a asociación Barbantia xunta forzas coa editorial Belagua e o Concello de Noia para presentar Galegas na Música. Será o 16 de maio ás 20.30 horas na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia.

O día 17 de maio, Día das Letras Galegas, Barbantia e o Concello de Boiro convídannos á XIV edición da Romaría das Letras no Barbanza, que se celebra entre as 11.00 e as 22.00 nun marco histórico incomparábel: o Pazo de Goiáns en Boiro. Ás 11.30 horas está previsto que abra a feira artesá e literaria cosstands dos colectivos colaboradores como Sancosmeiros, Artesanías Amorote, Sin Norte Creativas, Palilleiras Revolteir@s e Ganchilleiras de Bealo, librarías Espazo Nobel de Boiro e LER da Pobras, Che Tembra, Rositas Artesanía, Adanegra… Logo haberá un obradoiro de instrumentos tradicionais con Os Menestreis a cargo de Xulio Gutiérrez e un photocall de traxe tradicional galego, actuacións de AC Pedra da Aroña e Grupo Abeloura e unha foliada (As mulleres que cantan) coas cantareiras Mar de Cabo, Lumieira, Xoaniñas, Aroña e Abanqueiro.

Logo do xantar popular, o programa de actividades da Romaría das Letras reiníciase ás 16.00 horas co acto institucional e presentacións literarias no interior do Pazo. Celia Díaz presentará o seu libro A avoa canta como a catovía e Carlos Callón Maxicamente vella, eternamente nova. Ademais celebrarase a entrega institucional da peza da Serea de Susi Gesto e un espectáculo teatralizado do grupo Airiños de Rianxo. Ás 17.00 horas Marta Ríos fará unha visita teatralizada para familias; ás 18.30 horas baile galego con Xilbarbeira e grupo de Baile de Abanqueiro e para rematar a xornada concerto con Carmela e Nunca é Tarde.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.